Pacto local do emprego
Un pouco de contexto
O V Pacto Local polo Emprego 2024-2027 é un compromiso activo do Departamento de Emprego do Concello de Santiago de Compostela, por facer do emprego un elemento para a efectiva integración e inclusión social da cidadanía.
Novas
O Concello de Santiago asinou hoxe o V Pacto Local polo Emprego con representantes da Universidade, a Cámara de Comercio, a Asociación Empresarial do Tambre, Hostelería Compostela, Hostalaría.gal, a Plataforma polo Emprego, e os sindicatos UXT e Comisións Obreiras.
Ler máisFormulación estratéxica
Na infografía presentamos as capas de formulación organizadas en base á súa natureza estratéxica e operativa. A pirámide reflicte capas xerárquicas desta formulación.
-
Misión
Mellorar a política municipal de promoción produtiva e laboral. Contribuír á creación e mantemento de emprego xusto, decente e de calidade, e o emprendemento sostible e inclusivo, acompañando a todas as persoas ao longo da vida laboral a través da orientación e a formación, e colaborando activamente cos axentes e as empresas na incorporación do talento para mellorar a súa competitividade. -
Visión
Un mercado de traballo que ofreza oportunidades laborais para todos e todas, con políticas activas de emprego que se anticipen aos retos do futuro do traballo e que permitan integrar, a nivel local, os recursos públicos procedentes de todos os niveis da administración que afectan ao emprego e ao desenvolvemento local, e asentando as bases que permitan implantar unha actividade económica produtiva e sostible; apoiando ás pemes, aproveitando o coñecemento e a experiencia, aplicando a innovación e a dixitalización, adaptando e fortalecendo os recursos endóxenos e o tecido produtivo existente, así como atraendo investimentos, empresas e talento. -
Obxetivos
O Pacto Local polo Emprego busca integrar e coordinar as actuacións dos distintos actores esenciais na vida económica e laboral do municipio, aproveitando as súas capacidades para complementar e reforzar as actuacións públicas co fin de alcanzar maiores niveis de desenvolvemento económico e social na cidade. -
Principios transversais
✔️ Pleno emprego decente, de calidade e produtivo
✔️ Desenvolvemento inclusivo e sostible
✔️ Fomento da igualdade de xénero
✔️ Transformación social e concertación
✔️ Innovación, dixitalización e transición a unha economía verde
✔️ Transparencia e bo goberno. -
Liñas estratéxicas
✔️ Liña estratéxica LE1. Apoiar ás persoas para o emprego.
✔️ Liña estratéxica LE2. Impulsar o desenvolvemento económico e o emprego.
✔️ Liña estratéxica LE3. Transición do modelo produtivo cara a sostibilidade, o emprego e o ben común.
✔️ Liña estratéxica LE4. Rede de Axentes e Colaboración público – privada. -
Obxetivos estratéxicos
Na actualidade, faise necesario xerar un novo marco estratéxico para o Emprego baseado nas necesidades presentes da cidadanía que, como instrumento de planificación e optimización, dea resposta aos desafíos que afronta Santiago: o desemprego estrutural, en especial o dos sectores con maiores dificultades de inserción (o autoemprego e o emprendemento), a atención aos sectores produtivos tradicionais e o impulso aos novos e potentes sectores produtivos emerxentes. Todo isto co obxectivo de mellorar a vida da cidadanía e dotar á cidade de emprego estable e de calidade. -
Metas
En resposta ao momento anterior dentro de cada obxectivo estratéxico desenvólvense unha serie de metas que hai que alcanzar e que se describen e detallan claramente en cada unha delas.
Líñas estratéxicas
Defínense 4 liñas estratéxicas:
Estructura
Defínense 4 liñas estratéxicas concretadas en 17 Obxectivos Estratéxicos desenvolvidos a través de 78 metas.
-
17 Obxetivos estratéxicos (OE)
- OE1. Plan de orientación laboral para o emprego.
- OE2. Plan de formación para emprego.
- OE3. Oportunidades de emprego.
- OE4. Igualdade de oportunidades no acceso ao emprego.
- OE5. Emprendemento.
- OE6. Mellora integral das áreas industriais da cidade e a ampliación do solo industrial dispoñible.
- OE7. Reactivación e diversificación de sectores produtivos e apoio aos sectores tradicionais.
- OE8. Oficina de atracción de inversións e acompañamento empresarial
- OE9. Conciliación e fomento da responsabilidade social corporativa.
- OE10. Fomentar a I+D orientada a aproveitar as vantaxes da sociedade do coñecemento.
- OE11. Formar ao persoal de R.R.H.H. en novas habilidades asociadas á economía do coñecemento e a unha economía máis baseada nos servizos.
- OE12. Orientar o investimento público cara as transformacións necesarias para posibilitar a transición cara a economía de servizos e do coñecemento.
- OE13. Desenvolvemento de Hubs sectoriais como estratexia de cooperación interempresarial.
- OE14. Ampliar a participación do tecido cívico e das entidades representativas da economía social no desenvolvemento do Plan Local polo Emprego.
- OE15. Impulsar a coordinación, o traballo en rede e os instrumentos de xestión colaborativa.
- OE16. Realizar un proceso de seguimento e avaliación do plan coa participación dos axentes que incorpore sistemas de obtención e análise dos indicadores relevantes.
- OE17. Mellora continua das competencias do persoal técnico municipal e das entidades que forman parte da rede local polo emprego.
-
78 Metas
Como diximos con anterioridade en resposta ao momento anterior dentro de cada obxectivo estratéxico desenvólvense unha serie de metas que hai que alcanzar e que se describen e detallan claramente en cada unha delas.