Pacto local do emprego

Santiago de Compostela
Santiago de Compostela

Un pouco de contexto

O V Pacto Local polo Emprego 2024-2027 é un compromiso activo do Departamento de Emprego do Concello de Santiago de Compostela, por facer do emprego un elemento para a efectiva integración e inclusión social da cidadanía.

Novas

O Concello de Santiago asinou hoxe o V Pacto Local polo Emprego con representantes da Universidade, a Cámara de Comercio, a Asociación Empresarial do Tambre, Hostelería Compostela, Hostalaría.gal, a Plataforma polo Emprego, e os sindicatos UXT e Comisións Obreiras.

Concello de Santiago de Compostela Ler máis

Formulación estratéxica

Na infografía presentamos as capas de formulación organizadas en base á súa natureza estratéxica e operativa. A pirámide reflicte capas xerárquicas desta formulación.

  1. Misión

    Mellorar a política municipal de promoción produtiva e laboral. Contribuír á creación e mantemento de emprego xusto, decente e de calidade, e o emprendemento sostible e inclusivo, acompañando a todas as persoas ao longo da vida laboral a través da orientación e a formación, e colaborando activamente cos axentes e as empresas na incorporación do talento para mellorar a súa competitividade.
  2. Visión

    Un mercado de traballo que ofreza oportunidades laborais para todos e todas, con políticas activas de emprego que se anticipen aos retos do futuro do traballo e que permitan integrar, a nivel local, os recursos públicos procedentes de todos os niveis da administración que afectan ao emprego e ao desenvolvemento local, e asentando as bases que permitan implantar unha actividade económica produtiva e sostible; apoiando ás pemes, aproveitando o coñecemento e a experiencia, aplicando a innovación e a dixitalización, adaptando e fortalecendo os recursos endóxenos e o tecido produtivo existente, así como atraendo investimentos, empresas e talento.
  3. Obxetivos

    O Pacto Local polo Emprego busca integrar e coordinar as actuacións dos distintos actores esenciais na vida económica e laboral do municipio, aproveitando as súas capacidades para complementar e reforzar as actuacións públicas co fin de alcanzar maiores niveis de desenvolvemento económico e social na cidade.
  4. Principios transversais

    ✔️ Pleno emprego decente, de calidade e produtivo
    ✔️ Desenvolvemento inclusivo e sostible
    ✔️ Fomento da igualdade de xénero
    ✔️ Transformación social e concertación
    ✔️ Innovación, dixitalización e transición a unha economía verde
    ✔️ Transparencia e bo goberno.
  5. Liñas estratéxicas

    ✔️ Liña estratéxica LE1. Apoiar ás persoas para o emprego.
    ✔️ Liña estratéxica LE2. Impulsar o desenvolvemento económico e o emprego.
    ✔️ Liña estratéxica LE3. Transición do modelo produtivo cara a sostibilidade, o emprego e o ben común.
    ✔️ Liña estratéxica LE4. Rede de Axentes e Colaboración público – privada.
  6. Obxetivos estratéxicos

    Na actualidade, faise necesario xerar un novo marco estratéxico para o Emprego baseado nas necesidades presentes da cidadanía que, como instrumento de planificación e optimización, dea resposta aos desafíos que afronta Santiago: o desemprego estrutural, en especial o dos sectores con maiores dificultades de inserción (o autoemprego e o emprendemento), a atención aos sectores produtivos tradicionais e o impulso aos novos e potentes sectores produtivos emerxentes. Todo isto co obxectivo de mellorar a vida da cidadanía e dotar á cidade de emprego estable e de calidade.
  7. Metas

    En resposta ao momento anterior dentro de cada obxectivo estratéxico desenvólvense unha serie de metas que hai que alcanzar e que se describen e detallan claramente en cada unha delas.

Líñas estratéxicas

Defínense 4 liñas estratéxicas:

Estructura

Defínense 4 liñas estratéxicas concretadas en 17 Obxectivos Estratéxicos desenvolvidos a través de 78 metas.

  1. 4 Liñas estratéxicas de actuación (LE)

  2. 17 Obxetivos estratéxicos (OE)

  3. 78 Metas

    Como diximos con anterioridade en resposta ao momento anterior dentro de cada obxectivo estratéxico desenvólvense unha serie de metas que hai que alcanzar e que se describen e detallan claramente en cada unha delas.
Plan de orientación laboral para o emprego. Plan de formación para emprego Oportunidades de emprego. Igualdade de oportunidades no acceso ao emprego Emprendemento Mellora integral das áreas industriais da cidade e a ampliación do solo industrial dispoñible. Reactivación e diversificación de sectores produtivos e apoio aos sectores tradicionais. Oficina de atracción de inversións e acompañamento empresarial Conciliación e fomento da responsabilidade social corporativa. Fomentar a I+D orientada a aproveitar as vantaxes da sociedade do coñecemento. Formar ao persoal de R.R.H.H. en novas habilidades asociadas á economía do coñecemento e a unha economía máis baseada nos servizos. Orientar o investimento público cara as transformacións necesarias para posibilitar a transición cara a economía de servizos e do coñecemento. Desenvolvemento de Hubs sectoriais como estratexia de cooperación interempresarial. Ampliar a participación do tecido cívico e das entidades representativas da economía social no desenvolvemento do Plan Local polo Emprego. Impulsar a coordinación, o traballo en rede e os instrumentos de xestión colaborativa. Realizar un proceso de seguimento e avaliación do plan coa participación dos axentes que incorpore sistemas de obtención e análise dos indicadores relevantes. Mellora continua das competencias do persoal técnico municipal e das entidades que forman parte da rede local polo emprego. Apoiar ás persoas para o emprego. Impulsar o desenvolvemento económico e o emprego. Transición do modelo produtivo cara a sostibilidade, o emprego e o ben común. Rede de Axentes e Colaboración público – privada.
Participante da firma Concello de Santiago de Compostela
Concello de Santiago de Compostela
Participante da firma Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Santiago de Compostela
Participante da firma Cámara de Santiago de Compostela
Cámara de Santiago de Compostela
Participante da firmaAsociación Área Empresarial do Tambre
Asociación Área Empresarial do Tambre
Participante da firma Asociación Hostelería Compostelana
Asociación Hostelería Compostelana
Participante da firma Hostalaria.gal
Hostalaria.gal
Participante da firma CCOO
CCOO
Participante da firma UGT
UGT
Participante da firma Asociación plataforma polo emprego
Asociación plataforma polo emprego